Himno ó Apóstolo Santiago

Historia y arte



Rosetón e imaxe pétrea da Virxe e arco de medio punto.


A parroquia de Santa María Adigna de Portonovo está encravada no corazón do concello pontevedrés de Sanxenxo, na comarca do Salnés. Limita coas parroquias de San Estevo de Noalla ó oeste, San Pedro de Vilalonga e Santa Olaia de Nantes ó norte e ó leste con San Xenxo de Padriñán, e polo flanco sur coa Ría de Pontevedra. É a freguesía máis antiga e extensa do municipio con 10'5 km cadrados e tamén a mais poboada con case 5000 habitantes. 


A parroquia de Adina inclúe dende finais do século XIX o antigo 'Priorato de San Amaro de Arra' pequena parroquia que pertencía ós monxes de Santa María de Armenteira. Na actualidade, a entidade local recibe o trato de anexo parroquial. 

Santa María Adigna é unha parroquia costeira sendo o seu núcleo principal a vila mariñeira de Portonovo, motor económico da parroquia e vila máis poboada do municipio. 


Detalle dos canzorros situados no van norte.



A pesar de que sempre houbo un debate entorno ó seu nome, a freguesía está  oficialmente denominada como Santa María de Portonovo (Adigna), nome rexistrado na diócese de Santiago, á cal pertence. Non se debe confundir co nome do templo, que popularmente se coñece como Santa María de Adina.  

Na nomenclatura, e para aclarar a confusión, cómpre diferenciar o título da virxe, 'Santa María Digna', 'La Digna' en castelán, e 'A Digna' en galego, titular da parroquia eclesiástica, co topónimo de uso civil 'Adina', lugar onde está situada a igrexa parroquial. As orixes da advocación poderían ter relación coas Ladaíñas da Virxe, ou ladaíñas lauretanas, nas que se titula á nai de Deus como 'virxe digna de veneración', e 'virxe digna de louvanza'. Porén, a orixe do propio topónimo está directamente relacionado coa advocación mariana, que se foi transformando, e co tempo e acabou dando nome ó pequeno núcleo de poboación que rodea á igrexa. Crese que o topónimo de Adina teña a súa orixe nun  altar pagán, de culto primitvo á deusa romana Minerva, copiada do culto grego de Atenea e mais tarde pasou a Ataecina , Atinna, e coa cristianizacion pasaría a dar orixe á advocación de Santa María La Digna e nomear o núcleo actual de Adina, coa patrimonialización do termo.


Detalle do campanario e da campá maior

O actual templo parroquial, situado no lugar de Adina, é o maior do municipio (se non temos en conta Novo Templo de Sanxenxo, edificado a mediados do século pasado)  a actual fábrica data do século XVI e está construída sobre outro templo anterior, de estilo románico, datado no século XII do que conserva os muros e os aleiros da nave. O adro está rodeado na súa maior parte por grosos muros a modo de semicirculo e alí estaba, ata mediados dos anos cincuenta, o cemiterio parroquial, do que aínda se conservan algúns sepulcros. O templo está baixo a advocación de Santa María, patrona titular da parroquia. Posúe unha capela renacentista con bóveda de crucería do século XVI con restos de policromia, onde se sitúa un altar pétreo, e unha talla en pedra da virxe co neno, que aínda que popularmente se coñece co nome de 'altar da Virxe da O', en realidade o máis probable é que se trate da Virxe da Valvanera, e que teña relación coa familia que financiou a construcción da propia capela. Nesa mesma capela renacentista, e baixo o piso de madeira existen achádegos de sepulturas contemporáneas coa edificación. 

                                

Detalle do retablo maior e a bóveda de canón no presbiterio.


O retablo do altar maior é un claro exemplo de barroco galego e foi  restaurado recentemente. Destaca pola súa fermosa policromía e pola magnífica escena da asunción e coroación da Virxe, no remate. No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada. Tamén merece especial atención a sacristía da igrexa, que conta cun fermoso teito abovedado e unha antiga pía con forma de cuncha. Na  fachada da igrexa destacan o rosetón de gran tamaño, xusto debaixo a imaxe da Virxe co Neno, e a continuación a porta, rematada en arco de medio punto. Ó lado dereito da fachada ubícase a torre-campanario  rematada por  pináculos. A igrexa posúe dúas campás (unha pequena que data de 1913 e outra grande, de 1916) fundidas nos talleres de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) actualmente electrificadas. Tamén no exterior do templo destacan os canzorros de formas antropomórficas, e outros que representan a animais. Entre estes destaca un con forma fálica que representa a maldición da sexualidade no medievo.




Aleiro sur,  torre, capela bautismal, reloxo de sol e canzorros zoomórficos.






 


Fachada e lateral da Capela de Portonovo. 
















































En Portonovo, a Capela de Santa Catalina está situada na parte máis alta da atalaia na que se atopa a vila de Portonovo, no chamado "Campo de Bella Vista" polas fermósas panorámicas da ría que alí se ofrecen. É un templo mariñeiro de sinxela construcción nunha soa nave en planta rectangular á que está adosada a sacristía, tamén rectangular. Data do século XVII e destaca a súa fachada rematada nunha espadaña  (de recente construcción) coroada por pináculos e rematada en cruz. A capela está adicada a Santa Catalína de Alexandría, pola cal os mariñeiros senten unha devoción especial e festéxana como patrona da xente do mar realizando unha procesión marítima o día da súa festa (25 de novembro) Hai unha copla que reza así :

Santa Catalina ten o pai no mar, que chova que vente tena que ir buscar. Santa Catalina filla dun rei mouro, matou ó seu pai cun coitelo d'ouro. Nin era de ouro nin era de prata, que era un coiteliño de folla de lata.

Xunto con Santa Catalina, San Roque é o patron da vila, celebrándose a súa festa o 16 de agosto, xunto coa festividade da patrona Nosa Señora, o 15 dese mes e ó que se une o día da Virxe do Carme o día 17.



Detalle do retablo maior da capela de Portonovo. Imaxes de San Roque e Santa Catalina.








Capela de Arra. Espadaina sinxela rematada en pináculos.



No lugar de Arra atopamos a Capela de San Amaro, que noutro tempo foi templo parroquial da suprimida freguesía homónima. Pertenceu ós monxes cistercienses de Armenteira e estaba administrada por priores os cales se cre que edificaron a pequena capela de estilo románico existente no núcleo do pobo e que pertence ós séculos XII-XIII. É unha pequena edificación de planta rectangular dunha soa nave cunha pequena sacristía adosada. No frontal, incrustado nunha pequena furna, atópase unha pequena imaxe do santo erosionada polo tempo e ó remate unha espadaña coroada por dous pináculos.



Imaxe de San Amaro de Arra.

 A capela está adicada a San Amaro, patrón de Arra cuxa festa se celebra o 15 de xaneiro.




Detalle do interior da capela de Baltar. 


No barrio de Baltar, separado do núcleo de Portonovo pola praia do mesmo nome sitúase a Capela do Carme construída nos anos 50 e adicada á Virxe do Carme a cal os veciños quixeron poñer á súa protección establecéndoa patrona do novo barrio. É unha construcción de ladrillo sinxela e de corte moderno. Recentemente foi remodelada e restaurada. O día 16 de xullo Baltar celebra o día do Carme cunha misa solemne no exterior da capela e con posterior procesión cunha parada en fronte á praia para a tirada de fogo e o coro canta a Salve Mariñeira.

SAÚDO DO PÁRROCO

Queridos feligreses,
A través de esta plataforma quixera transmitirvos o meu afectuoso saúdo para estar convosco. Algúns xa tiven o gusto de disfrutar, por primeira vez, da súa presencia e grata compañía o día da miña presentación. Os demáis quixera que me sentises preto de vós nestas líneas escritas.
Veño coa intención, se me deixades, de gastar a vida que me queda entre vós, compartindo ilusións, alegrías e penas, no marco da gran familia que é esta comunidade parroquial.

Recibide todos e todas unha grande aperta do voso párroco.

Manuel Pérez Blanco. Outubro de 2014

Beato Carlo Acutis

Beato Carlo Acutis
Ruega por Nosotros. Amén